24 oct. 2013

O alcalde de Foz destaca a importancia da área de servizo de autocaravanas para o turismo no concello

Foto: AGA
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, participou a pasada fin de semana no encontro galaico astur de autocaravanismo que se celebrou en Narón e destacou a importancia para o turismo no concello da área de servizo de autocaravanas situada na zona portuaria focense.
“Para min foi un verdadeiro pracer participar no segundo encontro galaico astur de autocaravanistas, un colectivo co que aquí, en Foz, desde hai dous anos temos unha relación espléndida, posto que hai máis dun ano que temos en activo esa área de servizo para autocaravanas na zona portuaria”, manifestou o rexedor municipal, quen salientou que esa instalación “está sendo moi utilizada, é un exemplo de punto de servizo para autocaravanistas e proba disto é que son moitas as autocaravanas e os turistas que pasan por Foz dende hai dous anos. Chegamos incluso a recibir 40 ou 50 autocaravanas diarias de media en verán e en inverno de 10 a 15 todos os días. E acollemos máis de 100 caravanas durante a concentración que se fai aquí, en Foz”.

Por estes motivos para Javier Castiñeira “foi un pracer participar e contar a nosa experiencia ao resto de concellos e a todos aqueles autocaravanistas de Asturias, Galicia e tamén de Castela-León que estiveron presentes, máis de 600 persoas. Nós estamos encantados de que este sexa un punto de referencia, localizado incluso en GPS, para este conxunto de persoas que teñen unha influencia moi importante na súa opinión para o resto de turistas. Hai que destacar que esta xente ten unha rede de información turística moi importante e polo tanto nós seguiremos tratando de apoiar este tipo de turistas, que ao non existir no seu momento este punto de servizo non paraban aquí e pasaban de largo. Un concello turístico coma Foz non pode permitilo”.

O alcalde rematou comentando que “seguimos abertos a recibir turistas, ben sexan autocaravanistas ou afeccionados ao surf ou a calquera outro deporte ou actividade, como pode ser o sendeirismo. Entendo que un concello coma Foz non pode deixar de prestar servizos ao turismo. Neste caso estamos encantados e así o fixemos ver o pasado sábado en Narón”.

Fuente: Cronica3.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...